Edurne cae do cartel de Xacobeas en Concerto por problemas de saúde

Marín
14 de xullo 2022

Baixa de última hora para a gala Xacobeas en Concerto. A cantante Edurne, unha das súas cabezas de cartel, non poderá actuar en Marín. Suspendeu toda a súa actividade profesional debido a cuestións de saúde que, segundo ela mesma recoñeceu, arrastraba desde hai un tempo

Edurne
Edurne / Eurovisión

Baixa de última hora para a gala Xacobeas en Concerto. A cantante Edurne, unha das súas cabezas de cartel, non poderá actuar en Marín. Suspendeu toda a súa actividade profesional debido a cuestións de saúde que, segundo ela mesma recoñeceu, arrastraba desde hai un tempo.

A través das súas redes sociais, a artista madrileña confirmou que os médicos aconselláronlle facer este parón, en principio ata o próximo mes de agosto, para poder recuperarse dos problemas que arrastra na voz.

"Hai máis ou menos un mes conteivos que estaba un pouco regular da voz e mandábanme repouso vocal sen cantar unhas semanas. Tentei compaxinar o traballo que tiña, sen cantar, pero desgraciadamente non puiden recuperarme", explicou Edurne.

Xunto co seu equipo, continúa a artista na súa publicación, tomou a decisión de cancelar todos os seus compromisos no próximas tres semanas e gardar un repouso vocal absoluto ata agosto "para poder recuperarme ao 100%".

Edurne afirma que quere regresar á súa xira estival "máis forte que nunca" e, en mensaxe aos seus seguidores, conclúe dicindo que "estou a desexar vervos e que cantemos e bailemos xuntos". 

Xacobeas en Concerto, que se celebrará este venres 15 de xullo en Marín, queda por tanto cunha nómina de artistas que inclúe a Ana Mena, Beatriz Luengo, Tanxugueiras, La Mala Rodríguez, Nia Correia, Ana Guerra, Eva B, Carolina Rubirosa, Yoli Saá e Ainoa Buitrago.

A entrada é gratuíta e o concerto, que será na Praza de España, comezará ás dez da noite.