Esgotadas as entradas para o concerto de Mahmood en Pontevedra

Pontevedra
07 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

O artista italiano fará tan só catro paradas en España, unha delas en Pontevedra, dentro da súa xira europea cun concerto que se celebrará o próximo 12 de maio no Pazo da Cultura

Imaxe promocional de Mahmood
Imaxe promocional de Mahmood /

O Pazo da Cultura colgará o cartel de 'non hai billetes' para o concerto de Mahmood.

Así o anunciou a promotora I-radia Crea, organizadora xunto ao Concello de Pontevedra dun concerto que será unha das catro paradas que o artista italiano fará en España dentro da súa xira europea.

Mahmood actuará no Pazo da Cultura de Pontevedra o próximo 12 de maio. Farao ano e medio despois do planeado, debido a que inicialmente o seu concerto ía ter lugar en novembro de 2022 pero foi aprazado polo atraso na gravación do seu novo traballo discográfico, que agora presentará na Boa Vila.

De orixe sardo-exipcio o artista é unha das grandes figuras actuais da música italiana, alcanzando fama internacional tras gañar en 2019 o Festival de San Remo coa canción Soldi e representar o seu país posteriormente en Eurovisión cun segundo posto a que lle fixo entrar nas listas de éxito de toda Europa.

En Pontevedra Mahmood presentará o disco que publicou este mes de febreiro, titulado 'Nei letti degli altri'.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora