Esta semana comeza a temporada de visitas ás Ruínas de San Domingos

Pontevedra
12 de marzo 2022

As instalacións pertencentes ao Museo de Pontevedra permanecerán abertas desde o martes 15 de marzo ata o 31 de outubro e haberá itinerarios guiados todos os xoves ás 12.00 horas

Ruínas de San Domingos
Ruínas de San Domingos / Deputación de Pontevedra - Museo Provincial

O Museo de Pontevedra anuncia que o martes 15 de marzo abrirá a tempada de visitas ás Ruínas de San Domingos. Este período de apertura manterase ata o 31 de outubro deste ano.

Segundo indican desde a Deputación de Pontevedra, entrarán en funcionamento as visitas guiadas todos os xoves a partir das 12.00 horas.

O horario habitual de visita será entre as 10.00 ás 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas, de martes a sábados. Os domingos, a apertura limítase entre as 11.00 e as 14.00 horas. Os luns permanecerá pechado, por xornada de descanso, do mesmo xeito que o resto de edificios pertencentes ao Museo de Pontevedra.

A diferenza do pasado ano, a entrada será libre, sen limitacións de capacidade derivadas da pandemia. As únicas límites estableceranse por cuestións de seguridade. Tampouco será necesaria a inscrición previa nin para as visitas libres nin para as guiadas.

Tamén está previsto que, ao longo dos próximos meses, a Deputación teña en funcionamento o audiovisual 3D hiperrealista sobre a construción deste monumento histórico, un convento gótico do século XIV. Para ver a peza visual será necesario ler un código  QR e ofrecerá datos sobre a historia e a transformación deste edificio ao longo dos séculos.