Este próximo luns volve un Demo con vinte anos aínda que con décadas de historia

Pontevedra
20 de agosto 2021

Fará dúas escapadas pola cidade saíndo de San Bartolomeu xunto á súa comitiva e tamén a última hora do tarde concerto da Banda de Música de Salcedo e foliada do demo con Os Chichisos

Festa do Demo 2020
Festa do Demo 2020 / Cristina Saiz

A Festa do Demo chega este luns 23 coas tradicionais saídas polas rúas e dúas actuacións musicais. Unha edición especial en certa medida, xa que se cumpren vinte anos desde que o goberno local de Pontevedra recuperase unha tradición que se retrotrae á primeira metade do século pasado.

O 'Demo' manterase fiel aos seus costumes e realizará dúas escapadas pola cidade, desde San Bartolomeu, acompañado do seu séquito. A primeira ás 12.30 horas e pola tarde ás 20.00 horas. Dado o aniversario deste festexo, a demoníaca comitiva ten previsto facer unha incursión extraordinaria en Michelena 10 e manter unha recepción co alcalde.

A programación para a xornada inclúe un concerto da Banda de Música de Salcedo ás 21.00 horas na Praza de José Martí e ás 21.30 horas na Ferrería, foliada do demo con Os Chichisos.

Despois de dúas décadas de endemoniadas carreiras entre a poboación infantil para tirar do rabo ao diaño e que este tamén salga á súa procura pertrechado co seu tridente e o seu séquito, a Festa do Demo é unha convocatoria consolidada no calendario estival de Pontevedra. Unha tradición que o Concello recuperou contando coa colaboración cidadá ou a bibliografía existente e que falaba dun tal Dominguiños. Daquela ás dúas últimas décadas fálase dun tal Magariños ou un tal Esperante.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora