Este xoves comezan as visitas guiadas á exposición 'De Babiano Méndez-Núñez a Mendoza Babiano'

Pontevedra
14 de marzo 2022

Serán todos os xoves ás 18 horas e súmanse aos percorridos teatralizados que xa se están a facer os sábados

Exposición 'De Babiano Méndez-Núñez a Mendoza Babiano'
Exposición 'De Babiano Méndez-Núñez a Mendoza Babiano' / Deputación de Pontevedra

O Museo de Pontevedra vai iniciar este xoves 17 de marzo as visitas guiadas á exposición 'De Babiano Méndez-Núñez a Mendoza Babiano. Dúas xeracións de mulleres para a historia de Pontevedra'. 

Os percorridos serán todos os xoves ás 18 horas ata o fin da mostra e non será necesario apuntarse previamente. 

Estes itinerarios súmanse ás visitas teatralizadas que xa se están a realizar, nas que se fai un percorrido pola mostra por parte do personal do departamento de Educación coa participación de María e Concha Mendoza –dúas das protagonistas da exposición-, representadas pola compañía Señora Supina. Estas visitas son os sábados en dous pases, ás 17:30 e ás 19:00 horas, e precisase inscrición previa no correo [email protected].

Esta mostra pretende amosar cunha visión obxectiva, baseada na investigación, quen eran Carmen Babiano Méndez-Núñez e as súas fillas María e Concha Mendoza, mulleres burguesas que viviron no 'Palacete das Mendoza' na Pontevedra de finais do século XIX e principios do XX.

A exposición –aberta ata o 24 de abril- está comisariada polas conservadoras do Museo de Pontevedra Reis Camiña, Beatriz de San Ildefonso e Natalia Fraguas.