Estrea de 'Feira das Sementes' para bebés

Pontevedra
09 de maio 2021

Menores de tres anos asistiron este domingo á representación de Títeres Babaluva dentro da programación do Salón do Libro. A xornada tamén tivo espectáculos para público infantil de máis idade con Migallas Teatro que representou a súa montaxe 'Cantando a prol da natureza' onde as árbores, os animais e o coidado da natureza foron protagonistas

'Feira das sementes', de Babaluva
'Feira das sementes', de Babaluva / Cristina Saiz

'Feira das Sementes' preséntase como a feira máis pequena do mundo, nela nada é vendido e as sementes trócanse por outros elementos sen prezo como un conto, un refrán, unha canción ou unha adiviña.

Con esta idea, a compañía Títeres Babaluva presentaba este domingo dentro do Salón do Libro Infantil e Xuvenil un espectáculo dirixido a menores de tres anos que, acompañados de familiares, seguiron con atención esta historia, que se estreaba dentro da programación do Salónm que conclúe este 9 de maio co evento 'Rock para salvar o planeta'.

A xornada tamén tivo oco para a compañía pontevedresa Migallas Teatro que representaba a montaxe 'Cantando a prol da natureza', un espectáculo con María Campos e Carlos Yus en que se escenifica unha fraga na que as árbores, os animais e o coidado da natureza pasan a ser os protagonistas.

Durante a sesión destinada ao público familiar, os espectadores puideron gozar da música en vivo e seguir as cancións dos traballos discográficos 'Canta connosco!' e 'Pan de millo' da compañía teatral.

Arquivado en