Éxito de público no Peirao de Arcade nas citas de verán de Soutomaior

Soutomaior
11 de xullo 2026

Centos de persoas asistiron aos concertos nocturnos do grupo galego De Ninghures, os italianos Talco e o artista urbano 9LOURO

Público nos Concertos de Verán de Soutomaior
Público nos Concertos de Verán de Soutomaior / Concello de Soutomaior

O Peirao de Arcade acolleu a noite do venres unha nova xornada dos Concertos de Verán, unha iniciativa musical que reuniu centos de persoas nesta zona costeira.

A proposta deste ano combinaba a raíz tradicional, ritmos ska e sons urbanos contemporáneos.

A actividade comezou a media tarde coas sesións musicais de La Duendeneta, que se encargou de ambientar o recinto portuario tanto nas horas previas como nos intervalos entre os diferentes grupos.

A continuación, a banda De Ninghures subiu ao escenario para ofrecer un repertorio centrado na música e na tradición galega.

Concerto de DeNinghures
Concerto de DeNinghuresConcello de Soutomaior

O programa continuou coa intervención do grupo italiano Talco. A formación internacional presentou o seu estilo ska-punk ante un público que seguiu o ritmo das composicións durante todo o transcurso da súa actuación.

Talco en Soutomaior
Talco en SoutomaiorConcello de Soutomaior

O peche da noite correspondeu a 9LOURO, artista galego que clausurou o evento cunha proposta que fusiona xéneros coma o rap, o trap, o reguetón, o pop e outros sons urbanos cantados en lingua galega.

9LOURO en Soutomaior
9LOURO en SoutomaiorConcello de Soutomaior

O Concello de Soutomaior trasladou o seu agradecemento pola asistencia e pola participación do público ao longo da xornada. 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora