Experiencia 'de tralla' para as bandas do Local de Música

Pontevedra
05 de xuño 2016

Nove bandas emerxentes da cidade gozaron dunha tarde de concertos na que mostraron os seus progresos tras ser asesorados polo Local de Música

'Serán de tralla' no Local de Música
'Serán de tralla' no Local de Música / Diego Torrado

Que mellor para seguir mellorando que probarse nun concerto. É o que puideron experimentar nove bandas emerxentes da cidade no 'Serán de tralla' celebrado este sábado.

Na chaira de entrada do Local de Música, entidade que lles presta asesoramento e traballa na súa formación, os grupos puideron mostrar os seus progresos en aspectos como a posta en escena ou imaxe.

O obxectivo pasaba ademais por preparar ás bandas pontevedresas para poder tocar en grandes escenarios a través de proxectos como o Fest ou os 15 Bolos.

Os grupos participantes no 'Serán de tralla' foron: AnodhoR, Chirri Bomb, Loaded Gun, Bagoal, Stock, Via Sete, No one for President, Venemous Pinnk, Glitter¬Litter e Wiseman.