Exposición de Dolores Gálvez e Belén Padrón, imos de inauguración!

Pontevedra
21 de setembro 2014

Nova reportaxe de Sylvie Tartána>. Nesta ocasión ofrécenos o seu punto de vista sobre a mostra pictórica de Dores Gálvez e Belén Padrón na sala de exposicións do Pazo da Cultura

Belén Padrón, Sylvie Tartán e Dolores Gálvez na inauguración de 'Na beira do río. Diálogos na pintura'
Belén Padrón, Sylvie Tartán e Dolores Gálvez na inauguración de 'Na beira do río. Diálogos na pintura' / Sylvie Tartán

Queridos lectores, hoxe teño o privilexio de poder falarvos dun acto cultural e social que deu o pistoletazo de saída a unha marabillosa exposición de arte, de obrigada visita para todos os que vivides en Pontevedra ou acudides á cidade por traballo ou por pracer. Como é costume dende hai catro anos, o comisario Ramón Rozas acertou ao unir a dous pintores, mulleres neste caso, entrelazando a súa arte nun só espazo, de tal xeito que, a fusión deu como resultado o atractivo dos dous talentos, multiplicado! Maxia? Case! Comprobémolo.

subir imagen

  • Coas dúas artistas, Belén e Dolores e as súas obras en lados opostos.

 

Dolores Gálvez ofrécenos, coma se dunha noiva se tratase, algo novo, algo vello e algo azul. Na exposición poderedes ver unha serie de obras dedicadas á praia da Lanzada, a súa praia preferida, de onde, me conta, tras un baño, sempre sae "renovada tanto física, como piscológicamente". E se falamos de La Lanzada, falamos da súa mítica lenda das nove ondas, que aínda que non o creades, percorre o Atlántico pasando por Irlanda, chegando aos países nórdicos e alcanzando mesmo a categoría de musa de artista, como poderedes comprobar.

subir imagen

subir imagen

  • ⿿A enerxía da espiral ⿿di Gálvez- é a miña fonte de inspiración⿝.

 

Tamén, na exposición, encontraremos pezas curiosas de Dolores Gálvez, significativas, importantes e recoñecidas.

subir imagen

  • Esta pintura foi a súa primeira obra tras a licenciatura en Belas Artes. Moi botánica!

 

subir imagen

  • Este foi o gravado que gañou o Primeiro Premio Internacional no ano 2000.

 

Entusiasmada quedei con outra das súas series. A dedicada ao xardín dun famoso escritor sueco Klas ÿstergren, nomeado membro da Real Academia Sueca de Literatura, nada menos, e cuxa obra, en parte, se encontra traducida e á venda en España.

 

subir imagen

  • Sorprendente e exuberante. Así debe de ser o xardín que serviu de inspiración a Dolores Gálvez.

 

subir imagen

Este escritor, como vos comentaba, é propietario dun precioso xardín en Suecia, que cultiva el mesmo, e que é un "paraíso de flores e bolboretas". Imaxinádevos como serán as flores dese xardín se son as que inspiraron a Dolores Gálvez esta fantástica serie chea de colorido e de beleza. Se estes son os retratos... como serán as modelos! Pero como é custoso irnos a Suecia a comprobalo e xa remataron as vacacións, parécenos un verdadeiro planazo gozar deste xardín dentro da nosa propia cidade, visitando a exposición.

E seguro que xa vos convencín pero aínda hai máis! Damos paso á outra artista: Belén Padrón, un descubrimento para min! Esta moza pintora e ilustradora de contos infantís, namoroume. Algunhas das súas pinturas recórdanme a preciosos estampados de teas africanas e outras a coloridos paisaxes só posibles na profusa imaxinación dun neno e só materializables na arte de Belén.

subir imagen

subir imagen

  • Os cadros continúan nos laterais e dannos sorpresas como estas. Na imaxe, dúas mostras deses laterais.

 

subir imagen

  • Otros nos sorprenden con sus posturas⿦

subir imagen

  • E outros, coa súa arquitectura. Felicidades á autora!

 

E como en todo acto social, sempre te encontras caras coñecidas. Foi moita a xente que acudiu a dar a benvida a esta asociación efémera de pintoras, pero, particularmente, quero destacar a outro artista que xa colgou as súas obras nunha destas mostras que organiza Ramón Rozas e ese, non é outro que Eduardo Dios. En breve, teredes aquí noticias del!

subir imagen

  • Reencontrarse con amigos e artistas do talle de Eduardo Dios é marabilloso.

 

Se queredes pasar un anaco máis que agradable, achegádevos ao Pazo da Cultura a gozar da excepcional obra destas dúas mulleres: "Na beira do río. Diálogos na pintura".  Xa sabedes, uns, só teredes que cruzar o río e outros, seguir a súa marxe. Ata o 16 de novembro! Que non vos caduque a convocatoria.
Bicos e apertas!