O FICBUEU presenta nova imaxe e abre a convocatoria da súa 18 edición

Bueu
25 de xaneiro 2025

Esta nova edición celebrarase do 5 ao 20 de setembro e, a partir do día 15, volverá o MINIFIC cun programa cheo de actividades para os máis pequenos e centros educativos

Premio do Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU)
Premio do Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) / FICBUEU

O Festival Internacional de Cine de Bueu deu a coñecer a imaxe que acompañará a súa 18ª edición á vez que anunciou a apertura da convocatoria para a recepción de obras.

Esta nova ilustración está inspirada na temática da Sección Retrospectiva, o exilio e a imaxe.

Cartel da 18 edición do FICBUEU
Cartel da 18 edición do FICBUEU

As proxeccións das Retrospectivas irán acompañadas da presentación e publicación do Caderno FICBUEU #6 "Imaxes do exilio / Exilios da imaxe", elaborado polo investigador e docente José Manuel Mouriño, que explorará a figura do exilio desde a súa dimensión visual.

A imaxe, que evoca mapas de movemento e calor, toma como referencia unha obra da pintora surrealista Remedios Varo.

Este deseño alude á deslocalización como fonte de inspiración e transformación no ámbito artístico.

A programación do festival, como é habitual, será moi completa e incluirá proxeccións de curtametraxes, coloquios, encontros con cineastas, talleres e actividades para todos os públicos.

Entre elas destacan as IV Xornadas Cinematográficas, a Ruta de tapas 5 Estrelas e o MINIFIC, o programa especial dirixido a nenos, mozos e centros de ensino.

Esta 18 edición terá lugar do 5 a 20 de setembro.