Francisco Javier Fernández Davila, gañador do XXII Premio de Poesía Concello de Marín

Marín
13 de maio 2024

'Up/in the air, a historia dun traxecto en avión a Belgrado' foi o manuscrito que acadou a unanimidade por parte do xurado

Casa Consistorial de Marín
Casa Consistorial de Marín /

'Up/in the air, a historia dun traxecto en avión a Belgrado', de Francisco Javier Fernández Davila, foi a obra elixida como vencedora do XXII Premio de Poesía do Concello de Marín, convocado polo Día das Letras Galegas.

Foi a proposta que conseguiu a unanimidade do xurado, composto polos poetas Lara Dopazo, Tamara Andrés, Ismael Ramos, e pola xornalista Susana Pedreira.

No seu encontro telemático deliberaron sobre as 77 obras presentadas.

O xurado destacou deste poemario "a súa orixinalidade, o coidado do ritmo e a interesante forma de aborxar a relación entre o mar e a distancia, coa voz poética dunha segunda xeración", destacan desde o Concello de Marín.

O gañador do premio de poesía recibirá un premio de 1.000 euros, estando previsto que participe no acto institucional do Día das Letras Galegas que se celebrará o vindeiro venres 17 de maio ás 12.30 horas no Museo Municipal Manuel Torres.