Fusión entre hip hop e break dance para o sábado de Summum Teatro

Pontevedra
29 de outubro 2017

A compañía Circle of Trust foi a encargada da sesión deste sábado do ciclo Summum Teatro no Pazo da Cultura, na que presentou unha fusión entre o hip hop e o break dance sobre unha escenografía multimedia. O espectáculo, 'Nagare', contou cunha cunha escasa presenza de público .

Circle of Trust presenta o espectáculo 'Nagare' en Summum Teatro
Circle of Trust presenta o espectáculo 'Nagare' en Summum Teatro / Diego Torrado

A compañía Circle of Trust foi a encargada da sesión deste sábado do ciclo Summum Teatro no Pazo da Cultura de Pontevedra, na que presentou unha fusión entre o hip hop e o break dance sobre unha escenografía multimedia.

O espectáculo, 'Nagare', contou cunha cunha escasa presenza de público.

Baixo a dirección de Jordi Vilaseca, coa colaboración de Logela Multimedia, o que se representou foi unha peza profunda e madura que retoma a fusión de danza e tecnoloxías audivisuales que tan ben funcionou no pasado a esta compañía. Logrou atrapar ao espectador co seu dominio das cores e as formas.