As Festas da Peregrina porán un pé na nova escena musical. O artista e cantante urbano C Marí actuará en Pontevedra o luns 10 de agosto.
Así o anunciou este venres o goberno municipal. É o segundo adianto musical para a semana grande das festas, tras o de Miguel Ríos.
O concerto de C Marí será na Praza de España, gratuíto, ás 22:30 horas.
O artista valenciano aposta por un camiño que, musicalmente, sempre con elegancia e profundidade, entre o reguetón romántico, o trap ou a bachata, entre outros estilos.
Destaca ademais por xerar unha estética desenfreada e próxima que engancha e se plasma nos seus directos, que son potentes e coidados.
Con Sempre Cor (2024), un álbum que xa é xeneracional, C Marí sentou as bases dun artista cunha influencia clara na escena musical urbana.
Tras este disco, editou dous álbums máis: Latin Lover Songs the Mixtape (2025) e Latin Lover Songs 2 (2026).
Nas próximas semanas, o Concello irá desvelando máis artistas e bandas que subirán aos escenarios que amenizarán as Festas da Peregrina.
Ademais, tamén se irán avanzando as actuacións e ciclos que formarán parte das Festas de Verán que, como vén sendo habitual, desenvolveranse entre os meses de xullo e agosto.