Fuzz Faces, Skirl e Rodrigo Valiente abren o ciclo sonoro 'En clave local'

Pontevedra
11 de xuño 2021

Son os primeiros concertos desta programación que se encadra na proposta 'O son da rúa'. As altas temperaturas da xornada reduciron a presenza de público. Durante o sábado actuarán Simpsonhead, Rancheras, Froalla, Haku e Faul

Concertos de 'En clave local' 2021
Concertos de 'En clave local' 2021 / Mónica Patxot

Este venres 11 de altas temperaturas convertíase na xornada de arranque as Palmeiras o programa 'En clave local' cos primeiros concertos de agrupacións musicais emerxentes en Pontevedra. 

Desta forma, Fuzz Faces, Skirl e Rodrigo Valiente subíanse ao escenario situado nesta contorna natural para interpretar as súas cancións ante a presenza de público moi novo.

Durante o sábado está previsto que continúe a música máis actual da man de Simpsonhead, Rancheiras, Froalla, Haku e Faul, cinco agrupacións que forman parte da terceira edición do proxecto municipal  Xeración  Sónica.

 

O vindeiro venres 18 e o sábado 19 actuarán Malecho, Liberade ao  Kraken, Denova, Las Gringas, Flip Corale e Dr. Excepto.

Todas as actuacións englóbanse dentro da programación do verán 'O son da rúa', do Concello de Pontevedra, co obxectivo de promover as actuacións ao aire libre, adoptando todas as medidas sanitarias, con artistas da contorna pontevedresa que están a dar os seus primeiros pasos musicais.