Gabino Diego e Teté Delgado 'intercambian' risas no Pazo da Cultura

Pontevedra
28 de maio 2017

A obra 'El Intercambio' foi a terceira cita do ciclo Summum Teatro, unha representación cun gran elenco de actores que non deixou indiferente ao público pontevedrés

'El Intercambio' con Gabino Diego e Teté Delgado no ciclo Summum Teatro
'El Intercambio' con Gabino Diego e Teté Delgado no ciclo Summum Teatro / Diego Torrado

O Pazo da Cultura viviu unha gran noite de teatro coa represención de 'El Intercambio', comedia rotunda que arrincou as risas do público presente.

A obra, terceira cita do ciclo Summum Teatro, contou cun gran elenco de actores, con Gabino Diego e Teté Delgado como protagonistas e con gran química sobre o escenario.

'El Intercambio' basea o seu argumento na proposta dun intercambio de parellas de Eva e Jaime (Teté Delgado e Gabino Diego), que buscan darlle un novo aire á súa relación despois de 15 anos de matrimonio.

A partir dese momento unha sucesión de gags visuais e verbais, mesturando aos diferentes personaxes, provoca un divertido cóctel explosivo mentres os protagonistas reflexionan sobre o seu amor.

O ciclo Summum Teatro terá a súa última parada o vindeiro sábado 3 de xuño con 'El Padre', obra protagonizada por Héctor Alterio.