O festival Galegote regresa con forza a Pontevedra, recuperando o seu carácter orixinal e apostando por unha mestura de estilos e xeracións musicais.
Tras un breve parón, o evento volve este 24 e 25 de abril. Á presentación deste ano asistiron o concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, e o director do evento Marcos Rivas.
Demetrio Gómez mostrou a importancia do regreso do festival, afirmando "Galegote, é un dos nosos buques insignia da programación. Ademais, facémolo volvendo ao seu espírito máis orixinal". Tamén destacou o valor de unir o talento local con propostas externas.
O evento estrea, ademais, unha nova imaxe cun cartel deseñado por Culebra Studios, reforzando esta nova etapa.
Por outra banda o director do festival, Marcos Rivas, explicou: "O ano pasado tomámonos un tempo morto, pero xa estamos de volta e con moitas ganas. Estamos nun gran momento da música galega, con moitas bandas empezando a saír fóra de Galicia".

Rivas puxo como exemplo o auxe da escena actual dos artistas, sinalando que contamos cunha xeración de mozos e mozas que enchen salas nos seus eventos, destacando sobre todo o crecemento dalgúns artistas: "Hai grupos que tocaron despois da pandemia nunha carpa para 100 persoas e agora teñen case 6.000. É un orgullo descubrir este tipo de bandas" comentou.
Este ano a xornada desenvolverase coma unha ruta musical por distintos espazos da cidade, percorrendo distintos locais como A Gramola, O Diaño, A Verbena, A Pomada, O Chato, o Campillo de Santa María ou a Sala Nasa.
O cartel reúne propostas de indie, rock, pop e música urbana con nomes como Michu da Rocha, Dogo, Portosanto, Flip Corale, Law, Duendeneta Dilleis, Kid Mount, Eladio y los Seres Queridos, Allada , Chicharrón e Montedapena. Conseguindo combinar artistas consolidados con novas promesas.
A pesar de contar con once artistas, a organización recoñece que se quedaron artistas fóra do evento, pero como se trata dunha soa xornada, consideran que o total de artistas é axeitado.
Galegote volve disposto a traer a Pontevedra a música galega durante unha xornada con novos descubrimentos e orgullo cultural.