"Generación Sésamo" leva ao escenario de Afundación os acordes da infancia dos nados nos 80 e 90

Pontevedra
25 de marzo 2022

A banda sonora da xeración que creceu cos programas infantís dos anos oitenta combínase coa que agora tararean as súas fillas e fillos neste espectáculo para toda a familia

Espectáculo familiar "Generación Sésamo"
Espectáculo familiar "Generación Sésamo"

A Sede Afundación Pontevedra acolle o próximo 27 de marzo ás 18 horas a proposta de Generación Sésamo, un musical no que as familias poderán gozar dos acordes que marcaron as súas infancias.

As persoas adultas, rememorando os programas da súa nenez, e as máis pequenas, coas melodías máis actuais das series que seguen.

Nesta proposta musical dúas xeracións gozarán da banda sonora da súa infancia. Por unha banda, e facendo honra ao título, as persoas que nos anos oitenta e principios dos noventa gozaron coas sintonías de programas tan entrañables como o protagonizado polo famoso ourizo rosa Espinete.

Por outro, quen agora mesmo atópase na nenez e cantan algunhas das melodías máis representativas de series infantís. Cun formato de encontro escénico e de musical, maiores e pequenos compartirán momentos en familia a través da banda sonora que marca os primeiros anos das súas vidas. 

As entradas para este evento están á venda en Ataquilla.com.