Guadi Galego namora o público das Matinés

Pontevedra
07 de abril 2018

A cantante galega de alma folk Guadi Galego estreou este sábado 7 de abril as Matinés do Teatro Principal cun concerto especial, distinto ao que está a levar a cabo na súa actual xira

"Guadi Galego" nas Matinés do Principal
"Guadi Galego" nas Matinés do Principal /

A cantante galega de alma folk Guadi Galego estreou este sábado 7 de abril as Matinés do Teatro Principal cun concerto especial, distinto ao que está a levar a cabo na súa actual xira.

A artista de Cedeira suma xa tres discos en solitario, deixando xa algo atrás a súa etapa como parte de proxectos como Berrogüetto ou Espido para así ir trazando camiño propio.

O formato de concertos matinais os sábados no Teatro Principal iniciábase en 2017 cun importante éxito de participación. Por este motivo, 2018 volve repetir a fórmula das Matinés do Principal con tres concertos ás 12.30 horas.

Tras o éxito cultivado este sábado espéranse as actuacións do La habitación roja, o próximo 5 de maio, e The Posies, para o 6 de outubro.

Pontevedra será un dos primeiros escenarios onde La habitación roja presentará as novas cancións do seu novo disco.

The Posies é un grupo estadounidense cuxo líder Ken Stringfellow realizou un circuíto con R.E.M. como músico de acompañamento. A banda conta con 15 discos gravados e segue unha liña musical relacionada co power pop.