Guadi Galego, Xabier Díaz e Milladoiro, grandes apostas do Musigal 2021

Pontevedra
13 de marzo 2021

A música galega e en galego chegará, da man do programa Musigal, a 55 municipios de menos de 50.000 habitantes neste ano 2021. Impulsado pola Deputación de Pontevedra, este programa busca contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego, así como fomentar a defensa da igualdade

Concerto de Xabier Diaz + Adufeiras de Salitre e Guadi Galego
Concerto de Xabier Diaz + Adufeiras de Salitre e Guadi Galego / Cristina Saiz

A música galega e en galego chegará, da man do programa Musigal, a 55 municipios de menos de 50.000 habitantes neste ano 2021. Impulsado pola Deputación de Pontevedra, este programa busca contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego, así como fomentar a defensa da igualdade.

Trátase dun programa que favorecerá a programación artística nos concellos, que terán que facerse cargo dos gastos de produción da actuación (como poden ser os equipos de son e luz ou o escenario), posto que o ente provincial abona na súa totalidade o caché do espectáculo dos grupos.

A encargada de abrir a programación deste ano será Andrea Pousa, que actuará o 9 de abril en Tui. A última cita será con Leilía o 18 de decembro na Illa de Arousa.

A maioría das actuacións celebraranse en xullo e agosto, con 22 e 18 concertos. No marco de Musigal haberá tamén dúas actuacións en maio, cinco en xuño e catro en setembro. Os meses de outubro e novembro contarán cun evento cada un.

En total participarán 26 agrupacións musicais diferentes entre os que se encontran os máis solicitados: Guadi Galego, Baiuca, Odaiko, Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre, Budiño, Tanxuqueiras e Milladoiro, con 4 concertos cada un. As actuacións serán de carácter gratuíto.