Gústache cantar? A Coral Polifónica precisa voces masculinas

Pontevedra
13 de outubro 2015

O vindeiro venres 23 de outubro ás 20.30 horas vai celebrarse a Xunta Xeral Ordinaria da Sociedade Coral Polifónica nos salóns do Liceo Casino de Pontevedra

Concerto da Coral Polifónica na igrexa de San Francisco
Concerto da Coral Polifónica na igrexa de San Francisco / Diego Torrado

A Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra comezou o curso 2015-16 coa volta aos ensaios no local Centro Sur, situado nun dos antigos edificios da Once en Campolongo, cedido polo Concello de Pontevedra.

A dirección da Coral convida a todas aquelas persoas afeccionadas ao canto coral para que pasen a formar parte desta agrupación histórica. Desde a Polifónica alertan da necesidade de voces masculinas.

Por outra banda, comunícase a todos os socios da Coral Polifónica que o vindeiro venres 23 de outubro ás 20.30 horas celebrarase unha xunta xeral ordinaria nos salóns do Liceo Casino de Pontevedra.

Fonte: Youtube. Autor: ponsveteris