'Happer's Comet' leva o premio de mellor longametraxe do festival Novos Cinemas 2022

Pontevedra
18 de decembro 2022

Novos Cinemas, o festival internacional de cinema de Pontevedra, deu a coñecer este domingo o palmarés da súa edición 07

Novos Cinemas desvela o palmarés da súa edición 07
Novos Cinemas desvela o palmarés da súa edición 07 / Novos Cinemas

Novos Cinemas, o festival internacional de cinema de Pontevedra, deu a coñecer este domingo o palmarés da súa edición 07.

O xurado internacional do evento, composto por Julián Génisson, Elena Oroz e Darío Oliveira, escolleu ao filme 'Happer's Comet', de Tyler Taormina, como mellor longametraxe da sección oficial, o Premio Novos Cinemas, "pola súa precisa e poética inmersión na cotiandade durante un tempo único marcado polo illamento e a incerteza. A través dun sobresaliente traballo coa temporalidade, os contrastes lumínicos e sonoros e o tránsito do público ao íntimo, a película ofrece unha experiencia hipnótica marcada polo extrañamiento, como nunha noite de insomnio na que todos os sentidos agudízanse", explican. Esta película foi ademais premiada co Premio Xurado da Crítica.

Doutra banda o mellor traballo presentado á sección Latexos foi para o filme 'Misión a Marte', de Amat Valmajor, "pola súa proposta innovadora, na que consegue trasladarnos da historia familiar máis pura e natural á ciencia ficción máis vándala".

Ademais o Premio Xurado Novo á mellor dirección da sección oficial recaeu en Sorayos Prapapan, por 'Arnold is a model student'.

Por último outorgouse unha mención especial, por votación democrática, a Leonardo Mouramateus por 'A vida sao dois dias', traballo que tamén levou o Premio do Público.