Homenaxe á cociña tradicional galega con teatro na casa a través de Afundación

Pontevedra
21 de maio 2020

Todos os venres, o público familiar pode gozar dunha fantástica sesión en Afundación en casa, o portal da Obra Social de Abanca. Este 22 de maio pode verse 'Bon Appétit', interpretada pola compañía Teatro dos Ghazafelhos, unha comedia en clave de clown

'Bon Appétit', de Teatro dos Ghazafelhos
'Bon Appétit', de Teatro dos Ghazafelhos / Afundación

Afundación en casa ofrece unha nova obra do ciclo 'Teatro para toda a familia', unha iniciativa na que se busca a través de diversos espectáculos divertir, entreter e ensinar ao público familiar durante este período de confinamento.

Este venres 22 de maio prográmase a terceira obra deste programa. Trátase de 'Bon Appétit', unha obra da compañía Teatro dos Ghazafelhos. Esta montaxe ofrécese en clave de comedia con elementos de clown. 

A historia céntrase en tres chefs de cociña, Antua de la Sardiní, Philip de Toucignon y Fransuá de la Berenxem, que ofrecen os segredos da comida tradicional galega. Para este espectáculo, a compañía utiliza como referencia a obra de Álvaro Cunqueiro de 1973 na que ofrecía información sobre os pratos gastronómicos de Galicia e das mellores materias primas do receitario.

Tamén se contempla para este xoves 21 de maio a partir das 17.00 horas un taller de teatro infantil online coa compañía que realiza o espectáculo.

A obra e o obradoiro pódense seguir de maneira gratuíta a través de Afundación en casa, un portal web de acceso libre, creado a pedimento de Abanca e a súa obra Social. Nesta páxina sóbense contidos relacionados coa actividade cultural desenvolvida por Afundación.