Este xoves, a Cidade Infantil Príncipe Felipe convertíase nun espazo de homenaxe a María Victoria Moreno dentro da celebración da festividade das Letras Galegas. Por primeira vez, os 200 escolares deste centro levaron a cabo un acto conxunto para o fomento da lingua de Galicia.
Os menores realizaron cancións, debuxos e textos que se puideron coñecer durante o acto no que participaron a filla e o viúvo da escritora. A deputada delegada do Príncipe Felipe, Eva Vilaverde, mostrouse moi satisfeita con esta actividade.
Durante esta xornada realizouse tamén unha visita á exposición de paneis sobre a vida e obra de María Victoria Moreno. Esta mostra permanece aberta desde a semana de celebración do Día das Letras Galegas.