Na era da urxente caducidade, un comisario da UDEV de Vigo xurdido hai unha década en lingua galega, volve ao mercado editorial falando castelán.
O seu creador, o vigués Miguel Esteban recíbeo así: "leva dez anos dando a lata por Galicia, seis reimpresiones e agora atopou a maneira de chegar a outros lectores. Estaba moi contendo co libro, todas as miñas expectativas estaban máis que satisfeitas, pero agora é un novo agasallo, un novo nacemento".
'A ira do mansos' veu co Premio Xerais de Novela para este médico de familia e docente de FP. Na reseña sobre o autor consta que é pai de dous fillos, o maior con Síndrome de Down. Un dato con enxunlla.
Serve como aclaración a sinopse de 'A ira dos mansos': "O achado do cadáver dunha moza con síndrome de Down desencadea unha investigación que sacode os cimentos de Vigo... Tras coñecer a Pedro, tamén con discapacidade intelectual, Manso arriscará a súa vida, iniciará unha viaxe para superar os seus prexuízos...".
Á pregunta sobre esa particularidade, Esteban responde: "non hai intención de facer apostolado no libro. Creo que a novela social funciona como unha magnífica novela negra social, como unha magnífica forma de levantar acta de cousas que suceden nas marxes da sociedade, que son terríblemente interesantes. Nese sentido, eu non quero convencer de nada, só quero levantar acta".
O segundo título que inclúe esta edición de NdeNovela é 'Me llaman nadie'. Aos personaxes que permanecen da primeira entrega súmanse novas vítimas, neste caso co foco posto na pederastia e os cargos eclesiais por medio; actualidade plena a pé de xuño de 2026: "ese tema naquel momento parecíame importante. Segue séndoo. A cifra non sei si é exacta, pero ao redor de 400.000 vítimas, que si o Papa tivésese que reunir con cada unha delas, non tería tempo de nada máis. Así que claro, é un tema que segue encima da mesa, por suposto".
Manuel Esteban adopta unha das máximas de Saramago, aquela que di que a literatura ten que incomodar, "pode entreter, por suposto, pero a principal función é incomodar e non creo que o faga dunha maneira deliberada, pero creo que teño esa necesidade, a de resultar incómodo", explica na charla que acompaña a este podcast 'Cara a cara'.
O portugués non é a súa única influencia, fala igualmente de Andrea Camilleri, Petros Márkaris, Vázquez Montalbán, James Ellroy, Raymon Chandler, ou Hammet. Como tamén enumera a outros tantos autores como influencia de títulos que publicou en Galicia: 'O xogo de Escher' e 'Trickstar: Postais desde as estrelas'.
"Son no fondo tamén críticas profundas á sociedade na que vivimos ou á que nos diriximos. Así que, aínda que o xénero cambia, o substrato non é tan diferente", engade.
A máis frontal das súas novelas é a máis recente, 'A lei do mar', da que di: "si 'Me llaman nadie' estaba dedicada aos que están abaixo de todo, pois quen está máis abaixo de todo que os afogados no Mediterráneo?".
Con esta versatilidade como autor, a aposta polo xénero do seguinte título está aberta: "non descarto nada, eu a estas alturas da miña vida, como comprenderás, dicir desta auga non beberei paréceme unha irresponsabilidade".