Instagram tamén conmemorará o día do nacemento de Rosalía

Pontevedra
23 de febreiro 2021

O Concello de Pontevedra celebra o Día de Rosalía a través da conta de Intagram @alingualatexa cun sorteo de cinco exemplares de 'Cantares Gallegos' entre os participantes, e un lote de 5 libros da autora á persoa coa idea máis orixinal. Os gañadores serán anunciados o 3 de marzo   div> div> div> div>

Ilustración de Rosalía de Castro
Ilustración de Rosalía de Castro / Concello de Pontevedra

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, que xestiona Alberto Oubiña, súmase á celebración do Día de Rosalía cunha acción a través da rede social Instagram para conmemorar o día do nacemento da autora.

O Servizo de Normalización Lingüística lanzou unha iniciativa para encher as storys de Instagram cos seus versos este mércores 24. Entre todos os participantes desta iniciativa realizarase un sorteo de 5 libros de 'Cantares Gallegos', e a story de Instagram máis orixinal será premiada cun lote de libros da autora.

Para participar é preciso seguir a conta @alingualatexa, subir unha story cun texto, poema ou verso de Rosalía de Castro e etiquetar a dúas persoas para estender a iniciativa. A story máis orixinal e as persoas gañadoras do sorteo serán anunciadas o 3 de marzo a través de esta conta.

Segundo o Concello de Pontevedra, a través de esta iniciativa preténdese vincular esta celebración coas novas canles de comunicación social e ao tempo, adaptala ás circunstancias derivadas da situación sanitaria actual.