Iván Ferreiro fai da Sala Karma a súa "casa" no seu regreso a Pontevedra

Pontevedra
31 de marzo 2017

Como nas grandes ocasións, a Sala Karma vestiu as súas mellores galas. Non era para menos. Volvía a casa uno dos artistas ao que o público pontevedrés nunca falla. Iván Ferreiro regresaba á Boa Vila para presentar en directo o seu novo disco

Concerto de Iván Ferreiro na Sala Karma
Concerto de Iván Ferreiro na Sala Karma / Mónica Patxot

Como nas grandes ocasións, a Sala Karma vestiu as súas mellores galas. Non era para menos. Volvía a casa uno dos artistas ao que o público pontevedrés nunca falla. Iván Ferreiro regresaba á Boa Vila para presentar en directo o seu novo disco.

Fíxoo ante un público entregado, que coreou todas as súas cancións, e coas entradas esgotadas desde hai días.

Despois de estrear a xira Mahou -a nova referencia da Sala Karma- en Oviedo, Iván Ferreiro subiu ao escenario pontevedrés disposto a ofrecer un concerto inesquecible. 

Acompañado da súa banda habitual, o músico de Nigrán debullou principalmente os temas de Casa, o seu sexto disco de estudo. 

Pero, como sempre, houbo tempo para interpretar temas de anteriores traballos, grandes éxitos que forman parte xa da historia do indie-rock español.