Xa se coñecen os nomes das principais estrelas do cine e da televisión que se reunirán o vindeiro sábado, 24 de xaneiro, en Pontevedra para asistir á gala de entrega dos Premios Feroz.
Apenas quedan uns días para que a cidade acolla, por segundo ano consecutivo, unha gala que promete risas, descaro e orixinalidade da man do seu catro presentadores, Petra Martínez, Samantha Hudson, Elisabet Casanovas e Antonio Durán 'Morris'.
E, como na edición pasada, a alfombra vermella estará chea de personalidades. Non faltarán, entre outros, os principais nomeados e nomeadas a estes galardóns.
De Los somingos (9 candidaturas) estarán Alauda Ruíz de Azúa e os actores Patricia López Arnaiz, Nagore Aranburu, Blanca Soroa, Miguel Garcés e Juan Minujín; e de Poquita fe (6), os actores Raúl Cimas, Julia de Castro e María Jesús Hoyos, e os seus creadores, Juan Maidagán e Pepón Montero.
Los Javis, Javier Ambrossi e Javier Calvo, encabezarán a representación de Superestar (6) xunto á propia Yurena, o director Nacho Vigalondo e os actores Ingrid García-Jonsson, Natalia de Molina, Secun de la Rosa, Rocío Ibáñez ou Paula Púa.
Representando ás outras películas coa maioría das candidaturas en cine, Maspalomas (7), Sirât (7) e Romería (6), non faltarán Jose Ramón Soroiz, Kandido Uranga, Jose Mari Goenaga e Aitor Arregi; Oliver Laxe e Esther García e Carla Simón e María Zamora, respectivamente.
Pola súa banda, de Sorda (6) e La cena (5) virán Álvaro Cervantes, Miriam Garlo, Elena Irrureta e Eva Libertad; e Elvira Mínguez, Asier Etxeandia e Manuel Gómez Pereira.
Álvaro Morte e Manolo Solo xunto aos guionistas e produtores Alberto Rodríguez, Rafa Cobos, Fran Araújo e José Manuel Lorenzo defenderán, pola súa banda, as opcións de premio da serie Anatomía de un instante (5 candidaturas).
A eles sumaranse Javier Cámara, Carla Quílez, David Lorente, Elena Trapé e Diego San José por Yakarta (5), Candela Peña e Félix Sabroso por Furia (3) ou Ricardo Gómez, Carlos Bernardino e Paco Plaza por La suerte (3).
Ademais, tamén confirmaron asistencia Maria de Medeiros (Una quinta portuguesa); Anna Castillo e Borja Cobeaga (Su Majestad); Leonor Watling e Carlos Scholz (La vida breve), Eduardo Casanova e María León (Silencio) o Nora Navas, Cesc Gay e Eduard Sola (Mi amiga Eva).
Betsy Túrnez e Leticia Dolera (Pubertat), Daniel Sánchez Arévalo, Judith Fernández y Fer Fraga (Rondallas), Ángela Cervantes e Gemma Blasco (La furia), Joaquín Núñez (Los Tigres), Iraia Elias (Un fantasma en la batalla) ou Albert Serra (Tardes de soledad) non se perderán a cita.
Marta Fernández-Muro, Premio Feroz de Honra, e moitos máis convidados como os actores Alejandro Albarracín, Alfonso Bassave, María Castro, Marta Costa, Nadia de Santiago, Xoán Fórneas, Pol Hermoso, Carolina Iglesias, Victoria Luengo, Milena Smit ou Raúl Tejón engadirán glamour aos Feroz
Todos eles serán recibidos por María Guerra, presidenta da Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE), e polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
Ademais, acudirán á cerimonia Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, e o ministro de Cultura, Ernest Urtasun.