Joaquina e Miguel Lamas inauguraron a XIII edición dos Xoves de Códax, unha cita imprescindible e xa consolidada no verán das Rías Baixas.
A esta primeira velada asistiron centos de persoas, que gozaron da voz da cantautora venezolana, gañadora do Latin Grammy ao Mellor Novo Artista e unha das voces emerxentes da música latina.
A artista conquistou ao público cun repertorio íntimo e emocional combinado pola excelencia e versatilidade do baterista galego Miguel Lamas.
A combinación de ambos os artistas deu lugar a unha inauguración que, acompañada polo solpor coa ría de Arousa de fondo, foi do todo memorable.
A xornalista Marga Pazos foi a encargada de presentar a cita, pondo en valor o crecemento dun ciclo que, tras trece edicións, logrou recadar máis de 300.000 euros destinados a proxectos sociais.
A recadación desta primeira cita destinarase á Asociación Xoán XXIII, que traballa na inclusión e mellora da calidade de vida de persoas con discapacidade intelectual e das súas familias.
Os fondos contribuirán ao desenvolvemento dun proxecto de intervención asistida con animais orientado ao benestar emocional e o desenvolvemento persoal dos participantes.
Con este inicio, Os Xoves de Códax reforzan o compromiso da adega coa cultura, o territorio e a solidariedade.
O ciclo que volverá ser punto de encontro durante as próximas semanas para persoas que atoparán na música en directo, no viño e na ría de Arousa unha das propostas culturais máis singulares do verán galego.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.