Coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, Kiko Dasilva e A Mesa Pola Normalización Lingüística deron a coñecer un novo proxecto que pretende dar visibilidade ao traballo dos autores galegos.
Trátase de A Viñeta de Schrödinger, revista da banda deseñada galega impulsada polo debuxante pontevedrés e promovida pola Mesa.
"A BD galega, a lingua e a cultura galega é como o gato de Schrödinger, está aí, estamos seguros de que está, que ten que estar, mais algúns cren que está morta", explican na súa páxina web, xa dispoñible.
A nova publicación verá a luz o próximo mes de xullo co seu primeiro número e unha tirada de 1.500 exemplares.
O seu prezo de venda será de 5 euros e contará cunha periocidade trimestral, con 32 páxinas a todo cor na que participarán autores destacado da banda deseñada galega e tamén de novos talentos, algúns saídos da escola O Garaxe Hermético.