La casa de los ingleses aposta polo acústico para o seu concerto no Pub Deluxe

Pontevedra
04 de decembro 2014

A banda, que actualmente está a preparar a presentación do que será o seu primeiro EP, do cal xa presentaron dous adiantos, ofrecerá un concerto en acústico

Concerto de La casa de los ingleses no ciclo '15 bolos'
Concerto de La casa de los ingleses no ciclo '15 bolos' / Diego Torrado

La casa de los ingleses volve subirse a un escenario. O grupo indie pontevedrés ofrecerá un concerto este venres 5 de decembro, a partir das 22.00 horas no Pub Deluxe de Pontevedra, situado na rúa Padre Luis.

A banda, que actualmente está a preparar a presentación do que será o seu primeiro EP, do cal xa presentaron dous adiantos, ofrecerá un concerto en acústico.

La casa de los ingleses é unha banda de indie pop formada por Anxo, Carlos, Charly e Xavi, catro amigos que en 2010 decidiron xuntarse para, pouco a pouco, desenvolver o seu proxecto musical.

Ao principio centráronse en versións dalgúns dos seus grupos favoritos, pero co tempo comezaron a crear as súas propias cancións, suma das diferentes influencias de cada un deles: dende o pop británico, pasando polo power pop, o rock máis clásico ou o pop psicodélico. O resultado poderíase definir como un indie pop intenso e emotivo con letras en castelán.

A entrada ao concerto é gratuíta.