'La Forma del Agua', este martes no ciclo Voces Rotas

Pontevedra
28 de outubro 2019

A oferta cinematográfica non se detén na cidade pontevedresa. Este próximo martes proxectarase 'La Forma del Agua' como parte do ciclo Voces Rotas organizado por Afundación

Fotograma de 'The Shape of Water'
Fotograma de 'The Shape of Water'

A oferta cinematográfica non se detén na cidade pontevedresa. Este próximo martes proxectarase 'La Forma del Agua' como parte do ciclo Voces Rotas organizado por Afundación. Ó longo desta serie de proxeccións explóranse diferentes problemáticas sociais, e coa cinta de Guillermo del Toro o foco poñerase na marxinación e a discriminación. A cita coa película, que será proxectada en castelán, será ás 19.00 na sedade de Afundación, con entrada de balde ata completar o aforo.

No Baltimore da década dos sesenta unha limpiadora dun complexo científico do exército dos Estados Unidos trabará unha complexa relación co especimen en captividade dun experimento secreto. Ela, muda debido a un accidente, conseguirá superar as barreiras da linguaxe e comunicarse cunha misteriosa criatura anfibia. Esta fábula cobre as relacións persoais e a compaixón como motor fundamental das mesmas lle valeu a Guillermo del Toro o Oscar a mellor director. A cinta rematou alzándose tamén co Oscar á mellor película e recibiu ademáis os galardóns a mellor banda sonora e mellor diseño de producción.

Ficha:
Título: 'La Forma del Agua' (The Shape of Water)
Director: Guillermo del Toro
Ano: 2017
País: Estados Unidos
Duración: 123 min.