Tras o éxito da súa primeira edición, a Deputación de Pontevedra volve á carga co II Encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes, unha cita imperdible para a mocidade apaixonada pola escrita.
Este ano, o evento reunirá voces tan destacadas como Ledicia Costas, Jorge Volpi, Laura Ferrero e Manuel Jabois, nun espazo pensado para inspirar e compartir.
Baixo o suxestivo lema "Escribir o que non se di", o encontro celebrarase os días 23 e 24 de outubro na zona acristalada do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, un lugar que convida a deixar voar a imaxinación.
"Agardamos que esta segunda edición se convirta nun espazo de intercambio de experiencias, motivacións e consellos para a mocidade da provincia con vocación literaria", sinalou o vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez.
Unha oportunidade única para conectar coa literatura, descubrir novas voces e, quen sabe, atopar o impulso para comezar (ou continuar) a propia traxectoria no mundo da palabra escrita.
A iniciativa naceu para dar resposta ao crecente interese da mocidade pola creación literaria e artística, manifestado no incremento de solicitudes de participación na categoría de traballo literario nos Premios Provinciais á Xuventude.
Na súa primeira edición contou con figuras da talla de Héctor Abad Faciolince, Manel Loureiro e Arantza Portabales.
A segunda edición de Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes contará, ademais de con Ledicia Costas, Jorge Volpi, Laura Ferrero e Manuel Jabois, coas persoas galardoadas nos Premios Provinciais á Xuventude, con librarías, clubs de lectura, editoriais e amantes da lectura.
Ademais, acompañarase o programa de actividades complementarias relacionadas coa musica e a banda deseñada.