O público que acudirá este ano ao festival Revenidas, que se celebrará en Vilaxoán do xoves 11 ao domingo 14 de setembro, xa pode facer os seus plans.
A organización desvelou este xoves o cartel dos catro días e, ao mesmo tempo, sacou á venda as entradas soltas para cada unha das xornadas do festival.
O Revenidas 2025 arrancará o xoves 11 con Dubioza Kolektiv, The Rapants, The Baboon Show, Sanguijuelas del Guadiana, Hugo Guezeta, Buhos, Galician Army, Dick Move e La Duendeneta.
O venres 12 será a quenda de Fermin Muguruza, Sés, Baiuca, Talco, The Testarudes, Sons Of Aguirre & Scila, J Martina, Seitura, Svetlana e La Duendeneta.
A terceira xornada do festival, a do sábado 13, reunirá a Lendakaris Muertos, Riot Propaganda, La Élite, Heredeiros Da Crus, Dakidarría, Mondra, Bewis De La Rosa, Monoulious Dop, La Fúmiga, Omiri, Onza, F.R.A.C, Filloas, Yaya Dj e La Duendeneta.
E, por último, o Revenidas pechará o domingo 14 coa tradicional sardiñada popular ao mediodía, a gala de circo solidaria e as actuacións de Mekanika Rolling Band, As do Xeito, Concerto Punkinfantil, Orquestra Bravú Xangai e Terrae.
Nos vindeiros días o festival completará a súa programación co anuncio das actividades paralelas que completarán a experiencia que ofrecerá o Revenidas este ano.
Os abonos para todo o festival seguen á venda a un prezo de 69 euros, máis gastos de xestión, a través de revenidas.com.
Aí se poderán adquirir tamén as entradas por día, a 35 euros as do xoves e o venres e a 40 euros as do sábado. O pase ás actividades do domingo é de balde.
As persoas que merquen o abono tamén poderán reservar o acceso á acampada por un importe de 15 euros no Rial e 10 euros na Pelada, ambas con servizo circular de bus gratuíto. Os posuidores de entrada de día tan só poderán reservar a acampada na Pelada.