Leo Bassi oficiará unha "misa patólica" no Festaclown de Vilagarcía en memoria do clown Jango Edwards

O Salnés
08 de agosto 2023

Jango Edwards falecía aos 73 anos o sábado 5 de agosto e foi un dos participantes, anos atrás, co cómico italiano do Festiclown de Pontevedra. A homenaxe vai desenvolverse na Praza da Ravella, en Vilagarcía de Arousa, ás 14.30 horas o sábado 12 de agosto

Jango Edwards nun espectáculo
Jango Edwards nun espectáculo / https://www.facebook.com/JangoEdwardsOfficial?locale=es_ES

Jango Edwards, mestre da arte do humor clown e unha personalidade historicamente vinculada ao Festaclown, recibirá unha homenaxe a cargo do cómico Leo Bassi o vindeiro sábado 12 de agosto ás 14.30 horas na Praza da Ravella, en Vilagarcía de Arousa, durante as actividades do Festaclown.

Edwards e Bassi participaran tamén no Festiclown cando se celebraba este evento en Pontevedra.

"Jango Edwards era un mestre, amigo, xenio, humano e irreverente polos catro custados", escribiu Iván Prado, director do Festiclown e de Pallasos en Rebeldía.

Jango Edwards, clown estadounidense provocador, falecía aos 73 anos o sábado 5 de agosto en Barcelona.  

Leo Bassi ofrecerá, por primeira vez no últimos nove anos, a súa famosa "misa patólica" en Galicia.

Trátase dunha adaptación escénica dunha misa bufonesca onde realiza o culto a un pato de goma amarelo e durante a proposta, o cómico convida a reflexionar sobre os valores nos que vive a cidadanía.