O filme 'Live is life', do realizador Dani de la Torre, chegará este mércores 4 de outubro a Caldas de Reis dentro do ciclo pensado para achegar os premios Mestre Mateo á cidadanía.
O pase da película de Dani de la Torre terá lugar ás 20:30 horas no Auditorio Municipal.
O Ciclo Mestre Mateo promóveno a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia.
A película, do 2022 foi finalista dos Mestre Mateo nas categorías de Mellor longametraxe, dirección de arte, montaxe e vestiario.
Conta con guión orixinal de Albert Espinosa e está protagonizado por Juan Baena, Juan del Pozo, Raúl del Pozo, David Rodríguez, Silvia Bel e Luisa Merelas entre outros actores.
A acción transcorre no verán de 1985, no que, como cada ano, o protagonista, Rodri, deixa Cataluña e regresa á aldea galega da súa familia para reencontrarse coa súa panda. Este ano é distinto e os problemas do mundo real comezan aparecer nas súas vidas ameazando con separalos. Aferrándose á amizade que os une, os cinco amigos planean escapar a noite de San Xoán en busca dunha flor máxica que, segundo conta a lenda, crece no alto dunha montaña e pode facer os desexos realidade.