Local Pop-Rock: Pontevedra, unha cidade de música

Pontevedra
29 de xullo 2023

As bandas musicais da cidade son protagonistas da fin de semana cun serie de actuacións en distintos recunchos da Boa Vila

Black Hole, con sesión de micro aberto, no Campiño de Santa María
Black Hole, con sesión de micro aberto, no Campiño de Santa María / PontevedraViva

Unha fin de semana de música e talento pontevedrés en diferentes recunchos da cidade.

É o que propón este sábado e domingo o Local Pop-Rock, unha iniciativa pola que se programaron diversos concertos de bandas locais ao longo de dúas xornadas.

Unha nova edición do Black Hole, con micro aberto no Campiño de Santa María, foi o encargado de abrir a actividade ás 17.00 horas deste sábado.

Máis tarde era quenda para o concerto de Rusty James & Fringe na Praza de Curros Enríquez e dos Odiosos 5 na Rúa Tetuán.

Iso no que respecta a a primeira xornada, porque o Local Pop-Rock ten programados para este domingo as actuacións de Saracas e Anita en Curros Enríquez ás 19.30 horas, de Cora Velasco nas escaleiras da Alameda ás 20.30 horas, de Freshkiños ás 21.30 horas na Praza do Teucro e dos Tonikash ás 22.30 horas na Praza da Verdura.