Logo da Panorama, Raxó agarda pola Orquestra da Universidade de Santiago

Poio
04 de agosto 2023

Os concertos de Panorama e Álvaro de Luna reunirón en Raxó a miles de persoas. O luns será o concerto Música en Camiño coa Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela

Espectáculo da Orquesta Panorama en Raxó
Espectáculo da Orquesta Panorama en Raxó / Concello de Poio

Os concertos de Panorama e Álvaro de Luna reunirón en Raxó a miles de persoas. O luns será o concerto Música en Camiño coa Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela.

Obviamente trátase dunha proposta cultural diferente para achegar a música clásica á veciñanza.

A actuación será no Porto de Raxó ás 20.30 horas, e ten acceso de balde ata completar capacidade.

Este venres o alcalde de Poio, Ángel Moldes, presentou o concerto, xunto ao director da orquestra, Mario Diz, e representantes da asociación veciñal A Laxe e da S.C.D. Raxó, que tamén colaboran. É a primeira vez que esta orquestra actúa en Poio e o fará, ademais, nunha contorna excepcional como é o Porto de Raxó.

Así o recordou Diz, que adiantou que o repertorio do concerto é adaptado á tempada estival. O programa, baixo a batuta do profesor Iago Lariño, arrincará coa Obertura Carnaval Romano de Héctor Berlioz, para seguir co Concerto para contrabaixo e orquestra nº2 de Giovanni Botessini con Dina Durán, integrante durante o presente curso da USC, como solista. 

Continuará coa interpretación das catro primeiras Danzas Eslavas do compositor Antonín Dvořák e rematará co intermedio da Voda de Luis Alonso, afamada partitura do xénero da zarzuela.

Con Música en Camiño, sinalou Moldes, ábrese unha oportunidade para gozar da música clásica e de orquestra ao aire libre, unha proposta musical pouco habitual nas programacións culturais estivais e que, por iso, tamén a fai aínda máis especial.

A Orquestra da USC naceu en 2010 e ten por obxectivo impulsar entre a mocidade universitaria e, por extensión na cidadanía de Compostela, un proxecto educativo e cultural que ten a música como eixe central.