Manteis e marcapáxinas para conmemorar o Día de Rosalía en Bueu

Bueu
23 de febreiro 2022

O Concello de Bueu súmase un ano máis á celebración polo Día de Rosalía. A Rede de Bibliotecas de Bueu agasallan aos usuarios e usuarias estes días marcapáxinas nos que se recollen versos de dúas das poetas máis recoñecidas da vila como Míriam Ferradáns e Lucía Novas

Marcapáxinas do Día de Rosalía
Marcapáxinas do Día de Rosalía /

O Concello de Bueu súmase un ano máis á celebración polo Día de Rosalía, que se conmemora este mércores 23 de febreiro, coincidindo coa data do seu nacemento.

Dentro da programación organizada polo Concello, a Rede de Bibliotecas de Bueu agasallan aos usuarios e usuarias estes días cuns marcapáxinas nos que se recollen versos de dúas das poetas máis recoñecidas da vila como Míriam Ferradáns e Lucía Novas.

Esta iniciativa busca dar a coñecer a obra destas dúas mulleres e espallar a poesía galega.

Ademais, o Concello súmase á campaña da Deputación de Pontevedra pola que durante toda esta semana reparten manteis entre a hostalaría.  O deseño baséase no coñecido caldo de gloria de Rosalía, no que se fai alusión á gastronomía tradicional galega, humilde e cunha gran simboloxía social.

Os manteis inclúen o poema 'Miña casiña, meu lar' de Follas Novas, que explica a historia dunha muller pobre que conta a súa épica diaria para sobrevivir.