María Arnal i Marcel Bagés, 'pop mutante' para o regreso de As Matinés

Pontevedra
07 de outubro 2022

Tras a volta de Domingos do Principal e Ponteatro, outro dos ciclos culturais de máis soleira de Pontevedra regresa con forzas renovadas. Trátase de As Matinés do Principal, que trae a Pontevedra ao dúo de 'pop mutante' María Arnal i Marcel Bagés. Actuarán este sábado 8 de outubro no Teatro Principal

Maria Arnal i Marcel Bagès
Maria Arnal i Marcel Bagès / Álex Rademakers

Tras a volta de Domingos do Principal e Ponteatro, outro dos ciclos culturais de máis soleira de Pontevedra regresa con forzas renovadas. Trátase de As Matinés do Principal, que trae a Pontevedra ao dúo de 'pop mutante' María Arnal i Marcel Bagés.

Actuarán este sábado 8 de outubro, a partir das 12:30 horas, no Teatro Principal.

María Arnal i Marcel Bagés presentarán en Pontevedra os temas do seu segundo disco xuntos, Clamor, que describen como unha fábula contra-pandémica que reivindica a vulnerabilidade humana, un álbum que renova o imaxinario sonoro de 45 cerebros e 1 corazón.

A raíz desa música que agora fusionan con sons electrónicos, este dúo de voz e guitarra repasarán ademais os temas do seu primeiro repertorio, ofrecendo un espectáculo único.

A outra cita con As Matinés do Principal será o sábado 29 de outubro con A Pedreira, o proxecto musical da artista galega Ugía Pedreira.