O Museo Manuel Torres foi o lugar elixido para a entrega dos premios da décimo séptima edición do certame de narración curta impulsado polo Concello de Marín.
O acto fíxose coincidir coa celebración do Día das Letras Galegas, que este ano homenaxeou ao escritor e editor Francisco Fernández del Riego.
Os gañadores en categoría de quinto e sexto de Educación Primaria foron: primeiro premio para Gabriel Medina, por A guerra binaria; o segundo, para Aitor Cisneros, por María no mundo agochado; e o terceiro para Quenia Río, por A árbore de Sara.
Na categoría de adulto o gañador foi Rafael Vilar, por A ceifa clara, que levou un premio de 1.000 euros.
Despois do acto de entrega dos premios do certame literario, a Alameda foi o escenario para o concerto de Emilio Rúa e Rosa Cedrón e, xa en horario vespertino, a actuación musical ha corrido a cargo de Arte&Maña.