Marín entrégase á maxia co seu primeiro festival familiar de artes escénicas

Marín
28 de marzo 2023

A Alameda Rosalía de Castro será escenario dun festival cargado de talleres e espectáculos relacionados coa maxia, as acrobacias ou o circo entre o 6 e o 9 de abril

Presentación do primeiro festival familiar de Artes Escénicas de Marín
Presentación do primeiro festival familiar de Artes Escénicas de Marín / Concello de Marín

Do 6 ao 9 de abril, Marín será a capital da maxia coa celebración do Festival Familiar das Artes Escénicas. As concelleiras Marián Sanmartín e Beatriz Rodríguez presentaron a actividade xunto co Mago Paco, organizador do evento, que se desenvolverá íntegramente na Alameda Rosalía de Castro. Agás que o tempo non acompañe, que se trasladaría ao Multiusos da Praza de Abastos.

Haberá obradoiros e espectáculos. Os primeiros serán de 17 a 18.30 horas e o horario das actuacións, de 18.30 a 19 horas.

O programa comeza o xoves 6 de abril co obradoiro Maxia e o espectáculo de clown e malabres Punkdemia, da compañia Peter Punk Payaso.

Ao día seguinte o obradoiro será sobre globos e pintacaras, mentres que o espectáculo será Consertasso na Horta, da compañía de Brais das Hortas.

O sábado haberá traballos manuais con máscaras e a actuación da compañía Marta Sempre Arriba que amosará o seu espectáculo "C'est pas possible", de clown, circo e acrobacias aéreas.

O programa conclúe o domingo cun taller sobre títeres a o espectáculo Got Pop, de monicreques e música presenado pola compañía Francis Zafrilla.