'Maruxa' de OQO editora, premiado como un dos mellores libros de cociña de todo o mundo

Pontevedra
28 de xaneiro 2015

A obra 'Maruxa' foi premiada na categoría ⿿Best Illustrations Cookbook⿝ na súa edición en galego. Os finalistas de cada país competirán en Yanyai, China, polo título ⿿The best in the world⿝

Albúm ilustrado 'Maruxa' da pontevedresa OQO Editora
Albúm ilustrado 'Maruxa' da pontevedresa OQO Editora / OQO Editora

O álbum ilustrado Maruxa, de la pontevedresa OQO editora, ven de ser galardonado Cookbook Gourmand Award 2014, que selecciona os mellores libros de cociña de todo o mundo.

Maruxa foi premiado na categoría "Best Illustrations CookBook" en España, na súa edición en galego. Os gañadores de cada país competirán en Yanyai, na China, polo título ⿿The best in the world⿝ o vindeiro mes de xuño.

Os Gourmand coñécense popularmente como os ⿿Oscar⿝ dos libros de cociña e levan máis de 15 anos premiando libros de cociña de todo o mundo.

'Maruxa', con texto de Eva Mejuto e ilustracións da portuguesa Mafalda Milhões, é a adaptación dunha canción tradicional polaca ⿿Maryna gotuj pierogi⿝ e forma parte do proxecto ⿿Cociña de Contos. Europa á carta⿝, unha acción de cooperación do programa Cultura 2007-2013 da UE, liderado pola pontevedresa OQO e coparticipado polas editoras portuguesa Bichinho de conto e a polaca Tako.

Esta iniciativa promove distintas actividades que relacionan a literatura e a gastronomía para o público infantil, e que xa chegaron a máis de 20.000 nenos en España Portugal e Polonia.

O álbum galardonado narra como Maruxa, farta de facerlle a Pepiño o pan todos os días, decide darlle unha lección e amosarlle que o traballo na casa é cousa de dous. O humor e a retranca son a base deste traballo, tanto no texto como na imaxe, que buscan provocar a reflexión, mais tamén o sorriso, nos lectores e lectoras. E, de paso, amosar como se fai o pan e a procedencia dos seus ingredientes.

A obra, escrita orixinariamente en galego, foi tamén traducida ao castelán, portugués e polaco, e conta con versión audiovisual en stop-motion, producida por OQO filmes.