Matriuska conclúe en Barcelona a rodaxe da película ¿Qué hicimos mal?

Pontevedra
24 de xullo 2020

Rodada entre Galicia, Barcelona, Italia e México, a rodaxe viuse interrompida o pasado mes de marzo pola COVID-19 e, tras varios cambios na súa planificación, a gravación puido concluír esta pasada madrugada

Liliana Torres, na rodaxe de "¿Qué hicimos mal?"
Liliana Torres, na rodaxe de "¿Qué hicimos mal?" /

No medio dunhas estritas medidas de seguridade, a produtora pontevedresa Matriuska puido finalizar en Barcelona a rodaxe da película ¿Qué hicimos mal?, escrita, dirixida e protagonizada pola cineasta mexicana Liliana Torres.

Rodada entre Galicia, Barcelona, Italia e México, a rodaxe viuse interrompida o pasado mes de marzo pola COVID-19 e, tras varios cambios na súa planificación, a gravación puido concluír esta pasada madrugada.

¿Qué hicimos mal?, que conta co apoio de TVE, TVG e a Xunta de Galicia, é a historia dunha ficción construída sobre unha realidade que supón unha reflexión sobre os erros de guion da vida, cun tema central: a relación de parella e a crise da mesma.

A película está protagonizada pola propia Liliana Torres, á que acompañan entre outros os actores Xulio Abonjo (Fariña, María y los demás), Héctor Carballo (Servir y proteger), Melania Cruz (Dhogs, A Esmorga) y Jorge Roldán (Diana).

Matriuska, que produce este filme xunto a Avalon P.C. e Miss Wasabi; prevé que a súa estrea comercial poida realizarse ao longo do próximo ano 2021.