Milena Smit e Manu Ríos anunciarán as candidaturas aos Feroz 2026 en Pontevedra

Pontevedra
18 de novembro 2025
Actualizado: 27 de novembro

Os dous actores, tras o anuncio destes nomeamentos, charlarán co público pontevedrés sobre as súas carreiras, o panorama audiovisual actual e comentarán os títulos favoritos dos Feroz 2026

Manu Ríos e Malena Smit Premios Feroz

Xa se desvelaron os nomes das dúas persoas que anunciarán os nomeamentos aos Premios Feroz 2026, que se entregarán nunha gala que se celebrará no Recinto Feiral de Pontevedra o 24 de xaneiro.

Serán dous dos actores máis populares da nova xeración do cine e a televisión, Manu Ríos (Elite, Respira) e Malena Smit (No matarás, Madres paralelas).

Ambos serán os encargados de pór voz ao resultado dos votos dos socios da Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE).

No acto, que terá lugar no vindeiro xoves 27 de novembro, ás 11:30 horas, na casa consistorial, tamén intervirán a presidenta de AICE, María Guerra; e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.

Ademais, esta lectura de candidaturas tamén poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube dos Premios Feroz.

Esa mesma tarde, ás 18:00 horas no Teatro Principal, Milena Smit e Manu Ríos charlarán co público pontevedrés sobre as súas carreiras, o panorama audiovisual actual e comentarán os títulos favoritos dos Feroz 2026.

A entrada a este coloquio será gratuíta, previa retirada de localidades na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra

Poderanse conseguir desde sete días antes de cada actividade e até completar o aforamento. Habra un máximo de 4 entradas por persoa.

Xa en decembro daranse a coñecer os nomeados aos Premios Feroz Arrebato de ficción e de non ficción, que completarán a listaxe de candidaturas para os Feroz 2026.

Nos Feroz 2026 haberá en total 21 categorías: once de cine, sete de series, dous Premios Feroz Arrebato e o Premio Feroz de Honra que este ano recibirá a actriz Marta Fernández-Muro.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en