A xornada deste venres volveu ser un novo éxito do PorAmérica na Azucreira de Portas con miles de persoas que fixeron fronte aos chuvascos para seguir todas as actividades que acompañan a este evento referente no panorama musical.
Ao longo da tarde e a noite sucedéronse actuacións estelares como a de Marilia Monzón, Jorge Drexler, Dani Fernández, Sebastián Yatra, La M.O.D.A., Nicki Nicole ou a combinación de Ortiga con Pili Pampín, entre outras propostas.
Tampouco faltou a música na sección de ShowRocking co chef Pepe Solla ofrecendo tamén momentos antolóxicos coa súa guitarra nun espectáculo que terá continuidade este sábado coa seguinte programación: