Morat aterra en Vilagarcía para arrasar na billeteira

O Salnés
02 de marzo 2017

O grupo colombiano ofrecerá un concerto no Auditorio Municipal o vindeiro venres 24 de marzo. As entradas para o evento están practicamente esgotadas

Morat
Morat

O grupo colombiano Morat chega a Vilagarcía o día 24 de marzo con practicamente todas as entradas esgotadas. Os catro integrantes da banda de folk pop que triunfaron no noso país grazas á canción Como te atreves, levan colleitando éxito dende a súa formación en 2015, chegando a gañar o Disco de Platino Dixital ou o premio ao Grupo Revelación nos 40 Music Awards.

Das 754 localidades que ten o Auditorio Municipal, esta mañá do 2 de marzo tan só 22 quedan dispoñibles. A mala noticia é para aqueles interesados en ir en parella, xa que só quedaban un par de butacas emparelladas, o resto están soltas. 

O concerto do grupo colombiano terá lugar o vindeiro venres 24 de marzo no Auditorio Municipal de Vilagarcía as 21:00 horas.

Aqueles que cheguen a tempo, poderán adquirir as entradas en ticketea.com a partir de 18 euros na zona máis afastada do escenario, 23 euros na centrada e 28 euros na máis próxima, onde se atopan a maioría das butacas libres.