Morgan chega ás 'matinés' do Principal con todas as entradas esgotadas

Pontevedra
22 de abril 2019

Co cartel de "non hai entradas" colgado desde hai semanas, Morgan chega a Pontevedra. A banda, unha das grandes sorpresas que nos deparou o panorama musical español nos últimos anos, serán os protagonistas dunha nova sesión de As Matinés do Principal

Morgan Girando por salas

Co cartel de "non hai entradas" colgado desde hai semanas, Morgan chega a Pontevedra. A banda, unha das grandes sorpresas que nos deparou o panorama musical español nos últimos anos, serán os protagonistas dunha nova sesión de As Matinés do Principal. Atoparanse co público pontevedrés o vindeiro sábado 27 de abril, ás 12.00 horas.

Morgan, que ten na fascinante voz de Nina de Juan uno dos seus selos máis característicos, presentará en directo o seu segundo disco, Air, editado hai pouco máis dun ano. Xunto a ela -que tamén toca o piano- estarán tamén os seus compañeiros habituais, con Paco López á guitarra e Ekain Elorza á batería.

O portal de música EfeEme sinalou que este novo disco está composto dun arsenal de cancións que conxugan a electricidade do rock, o racho do soul, o queixume do blues e o ritmo bailable do funk cun apromo desmesurado.

Desde que 2017 fora o ano de consolidación para esta banda, Morgan non parou de tocar e de cultivar éxitos alá por onde actúa, esgotando regularmente as entradas nos seus principais concertos en Madrid, Barcelona ou Bilbao.

Na última edición dos Premios MIN da Música Independente a banda logrou cinco galardoes, entre eles o premio ao álbum do ano, ao mellor álbum de rock, ao mellor directo, ao mellor artista e á mellor produción.

Tras Morgan, o ciclo de As Matines do Principal continuará cun concerto da banda McEnroe o próximo 19 de outubro.