Mostra pictórica de Tato Heredia e Javier Albatros no Liceo Casino

Pontevedra
30 de novembro 2023

A exposición permanecerá aberta desde o 4 ao 22 de decembro na sala de exposicións da sede situada na rúa Manuel Quiroga de Pontevedra

Cartel da exposición conxunta de Tato Heredia e Javier Albatros
Cartel da exposición conxunta de Tato Heredia e Javier Albatros / Liceo Casino de Pontevedra

A partir do luns 4 e ata o 22 de decembro, a sala de exposicións do Liceo Casino acollerá a mostra pictórica conxunta dos artistas Tato Heredia e Javier Albatros na sede situada en Manuel Quiroga.

Javier Albatros é un pintor nado en 1950 en Pontevedra e combina esta faceta coa de fotógrafo e autor de colaxe. exerce como fotógrafo profesional en diversos medios de comunicación e revistas especializadas.

Tato Heredia, artistas pontevedrés nado en 1956, ofrece nos seus traballos pictóricos un  reflexo dos costumes e estilos de vida e de traballo de Galicia.

Principalmente desenvolve obras en acuarelas e acrílicos coas que xoga con cores vivas reflectindo paisaxes e augadas que mostran o clima gris de Galicia. Tamén desenvolve retratos realistas.

A mostra poderá visitarse de luns a sábado, en horario de 10.00 a 22.00 horas.