A banda de rock catalá Mujeres é a nova proposta musical que oferta o ciclo SON Estrella Galicia en Pontevedra. Actuarán este sábado 24 de outubro, a partir das dez e media da noite, na Sala Karma.
En Pontevedra, Mujeres presentará Marathon, o seu cuarto traballo de estudo. Neste disco a banda mostran a súa cara máis pop e menos garaxe, apostando por un perfil máis armónico, o seu gusto pola melodía perfecta e polos ganchos precisos. Innovan tamén na produción, dotando o seu son dunha gran e nova personalidade.
Cúmprense así seis anos de traxectoria musical que comezou en 2009 co seu disco debut homónimo, a mellor carta de presentación que xamais puideron imaxinar, un traballo que o espírito e a enerxía destes catro barceloneses, posuídos pola esencia do garage-rock máis venéreo e aloucado. Despois chegou Soft Gems (2012), co que se consolidaron na escena nacional e que foi moi aplaudido pola crítica.
Tras participar en multitude de festivais por toda Europa, Estados Unidos e Canadá, Mujeres editou o pasado ano o seu terceiro disco, un EP en titulado Aquellos ojos, o primeiro que lanzaron con cancións en castelán.
As entradas para este concerto pódense adquirir a un prezo de oito euros a través da venda electrónica na plataforma Ticketea.