Música e poesía 'X Xela' para conmemorar o Día das Letras Galegas en Pontevedra

Pontevedra
17 de maio 2021

A capacidade dispoñible encheuse e mesmo houbo persoas que quedaron fóra do recinto. O espectáculo 'X Xela' co que o Concello de Pontevedra homenaxeou este luns o Día das Letras Galegas resultou un éxito de convocatoria e cativou a todos os que puideron gozalo na praza da Ferrería

Espectáculo das Letras Galegas 2021 en Pontevedra
Espectáculo das Letras Galegas 2021 en Pontevedra / Cristina Saiz

A capacidade dispoñible encheuse e mesmo houbo persoas que quedaron fóra do recinto. O espectáculo 'X Xela' co que o Concello de Pontevedra homenaxeou este luns o Día das Letras Galegas resultou un éxito de convocatoria e cativou a todos os que puideron gozalo na praza da Ferrería. 

O espectáculo serviu para enxalzar a figura da poeta Xela Arias, homenaxeada deste ano na principal festa da cultura galega, e para dala a coñecer a golpe de música e poesía. 

O escenario acolleu a actuación de Río Verdugo, Tibet 1990 e Nacho Mora, artistas elixidos como resultado dun certame musical no que participaron 15 bandas de estilos variados, desde composicións de autor a pop, rock, folk,  Ska ou electrónica.

Presentada por Lupe Blanco e Alba María, a gala incluíu tamén recitais de poesía da obra de Xela Arias a cargo de cinco autoras da área de Pontevedra e un repaso pola vida e obra da homenaxeada.